De nuevo, como en años anteriores,  escribimos esta entrada en gallego, para hablar del día 17 de mayo, el Día das Letras Galegas.

No 2017 o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares, e por iso estamos facendo unhas láminas e libretas personalizables para homenaxear a este escritor. Nos nosos talleres elaboramos a man libretas, cadros, axendas… e podemos personalizar a gusto dos clientes.

Se queres algún material personalizado envíanos un correo a [email protected] ou chámanos ó 981.745.381

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES (1941-2002)

Carlos Casares. Naceu no ano 1941 na provincia de Ourense. Estudou no seminario de Ourense para posteriormente estudar en Santiago de Compostela filosofía e letras e incorporarse ao grupo galeguista. Traballou como docente pero foi acusado de comunista e marchou para Bilbao.

No ano 1977 converteuse no membro máis novo da Real Academia Galega e no ano 1981 é elixido deputado no parlamento galego para despois facerse cargo da Editorial Galaxia, alí  traballou ata a súa morte no 2002.

Foi creador de obras tan importantes coma “Vento ferido” (1967), “A galiña azul” (1968), “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas” (1973), “Os mortos daquel verán” (1987) ou “Toribios” (1991) entre moitas outras.

Cas suas obras gañou premios tan importantes coma o premio do concurso de relatos, o premio “O facho” o premio da critica Española, premio “Losada Dieguez” ou o premio “Anxel Fole”.

Carlos Casares marcou un antes e un despois na Literatura Galega.

Texto de José Núñez (Chicho) e Rosana Carrillo.

 

Share This