A  POLITICA DE CALIDADE de ASPADEX manifesta:

 

A calidade é un compromiso estable por parte da alta dirección de ASPADEX, así como unha responsabilidade individual de cada unha das persoas que xestionan a organización.

 

A dirección comparte, con todos os profesionais, a convicción de que a satisfacción das necesidades e expectativas dos nosos grupos de interese, o cumprimento das exixencias legais e regulamentarias das entidades que nos financian e a aposta por un sistema de xestión da calidade segundo a ISO 9001:2008 que asegure a actualización continua e a mellora permanente, constitúen a mellor garantía de futuro para a nosa organización e a súa mellor aportación ao cumprimento da nosa misión.

 

Para levar a cabo este propósito ASPADEX declara os seguintes compromisos:

 

  1. COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE:

 

  1. Atención e trato cordial, amable e acolledor respectando a súa singularidade
  2. Respecto á súa liberdade de conciencia.
  3. Garantía de confidencialidade da información sobre as persoas, así como desenvolvemento dun plan de protección de datos, de acordo ca normativa vixente.
  4. Atención profesional individualizada a través dun Plan de atención individual (PAI) baseado na información e orientación cara a fomentar as capacidades dos nosos clientes e apoiar as súas carencias sociais, psicolóxicas, educativas, laborais, etc… de acordo cos recursos humanos e materiais dos que dispoñemos.
  5. Coñecer as necesidades e expectativas dos nosos clientes/usuarios coa intención de apoiar ó seu proxecto de vida, dunha maneira realista.
  6. Mellora continua dos procedementos para desempeñalos con maior eficacia e calidade.
  7. Solicitarlles periodicamente, que manifesten o seu grao de satisfacción.

 

  1. COAS FAMILIAS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO CENTRO.

 

  1. Facilitar a súa participación activa, a fin de coordinar as acción que se deriven do cumprimento da nosa misión no que respecta aos proxectos de vida dos seus fillos tutelados ou representados con discapacidade.
  2. Apoio co programa de atención a familias, segundo as súas necesidades.
  3. Comunicación periódica informativa e clara, sobre o programa de intervención ofrecido ao seu familiar ou representado, sobre os seus dereitos e deberes e sobre a xestión da organización.
  4. Xestionar eficazmente os recursos dispoñibles, con criterios de calidade.
  5. Solicitarlles periodicamente, que nos manifesten o seu grao de satisfacción.

 

  1. COS NOSOS TRABALLADORES.

 

  1. Posibilitar un plan de formación continua individual, acorde coas necesidades da entidade, que persiga unha mellora na competencia profesional.
  2. Definir un organigrama e realizar unha descrición de perfís profesionais.
  3. Desenvolver, de acordo cos recursos dos que se dispón, unha política retributiva en función de competencias.
  4. Aplicar unha eficaz comunicación interna que facilite o seu traballo e a participación dos traballadores en órganos de debate e toma de decisión.
  5. Solicitarlles periodicamente o seu grao de satisfacción e a súa percepción do clima laboral.

 

  1. COS SOCIOS NUMERARIOS E COS SOCIOS PROTECTORES.

 

  1. Adecuada política de comunicación externa para informar de modo transparente das actuacións da organización, das convocatorias asociativas, das contas ,orzamentos e dos plans de futuro, de forma que permita exercer eficazmente o seu papel de socio.
  2. Favorecer o coñecemento da misión e valores da organización, gañar a súa adhesión a estes valores e aumentar o seu sentido de pertinencia.
  3. Xestionar eficazmente os recursos dispoñibles.
  4. Renderlles contas periodicamente, informarlles da marcha do noso proxecto e do seus resultados económicos.

A política de calidade respaldada pola Alta Dirección de ASPADEX, é coñecida e aplicada por todo o persoal que conforma a empresa  e supón un marco de referencia para o establecemento dos obxectivos de calidade. A Xunta Directiva de ASPADEX comprométese a facilitar os medios necesarios para lograr o establecido nesta política, asegurando a súa actualización cando sexa necesario, o seu entendemento e a difusión da mesma en todos os niveis da entidade.

Aviso de cookies