A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de concedernos unha subvención cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91.98 %, a través do Programa de Emprego Xuvenil, gracias á cal puidemos contratar estes días a unha Técnico en Integración Social.

Os programas de Emprego Xuvenil cumpren con un doble obxectivo, por unha parte, ofrecen ás persoas mozas a posibilidade de acceder a un emprego, mellorando a súa empregabilidade e, por outra parte, permiten a entidades como a nosa contar con persoal cualificado para mellorar os servizos que prestamos.

O programa subvencionado ten como obxectivo principal fomentar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual, traballando tanto dende un plano máis teórico con formación en habilidades sociais e relacionais, educación vial, formación en manexo do euro como con unha parte máis práctica: saídas á comunidade tanto orientadas a ocio, como á posta en práctica de habilidades instrumentais (compras, pequenas xestións,…).

Os obxectivos a acadar con este programa son:

  • Formar en habilidades sociais e relacinais ás persoas con discapacidade intelectual
  • Formar en educación vial e orientación polo entorno
  • Formar en habilidades básicas e instrumentais relacionadas coa vida na comunidade: manexo do euro, elaboración de comidas sinxelas, facer pequenas compras….
  • Integrar na comunidade ás persoas con discapacidade intelectual

A persoa contratada para este propósito xa está traballando nas distintas accións, e xa estamos vendo algúns resultados en satisfacción, adquisión de habilidades… que esperamos que vaian mellorando ó longo dos 7 meses que dura o proxecto.

Aviso de cookies