Aunque sabemos que no todos los seguidores del blog sois gallegos, esta entrada la vamos a escribir en este idioma, porque el día 17 de mayo se celebra en Galicia el Día de las Letras Gallegas.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Manuel María, e por iso estamos facendo unhas láminas e libretas personalizables para recordar a este gran autor da nosa literatura.

Se queres algún material personalizado envíanos un correo a [email protected] ou chámanos ó 981.745.381

Por que se celebra o Día das Letras Galegas?

O Día das Letras Galegas vense celebrando dende o ano 1963, co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa obra en galego ou pola defensa desta lingua. Cada ano o Día das Letras Galegas, que se celebra sempre o 17 de maio, adícase a unha persoa diferente escollida pola Real Academia Galega.

Para que unha persoa poida ser homenaxeada deben pasar polo menos 10 anos dende o seu falecemento.

Quen foi Manuel María?

Manuel María foi un poeta que non só escribiu en galego, senon que destaca principalmente polo seu carácter combativo e o seu compromiso coa lingua. Escribiu numerosos poemas, sendo Galicia e a lingua pilar fundamental en moitos deles.

Deixámosvos aquí con un dos seus poemas sobre a fala:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)

Share →

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Aviso de cookies