Programas de Emprego Xuvenil: «Apoiando no proceso de envellecemento» e «Mantemento das instalacións de ASPADEX»

Portada » Programas de Emprego Xuvenil: «Apoiando no proceso de envellecemento» e «Mantemento das instalacións de ASPADEX»

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de concedernos unha subvención cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa de Emprego Xuvenil, gracias á cal puidemos contratar estes días a dous profesionais que nos permiten mellorar a calidade dos servizos da nosa entidade: unha coidadora e un técnico de mantemento.

Os programas de Emprego Xuvenil cumpren con un doble obxectivo, por unha parte, ofrecen ás persoas mozas a posibilidade de acceder a un emprego, mellorando a súa empregabilidade e, por outra parte, permiten a entidades como a nosa contar con persoal cualificado para mellorar os servizos que prestamos.

ENLACE

PROGRAMA DE APOIO ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN PROCESO DE ENVELLECEMENTO

O programa subvencionado ten como obxectivo intervir con aquelas persoas con discapacidade intelectual que están actualmente en proceso de envellecemento. O noso colectivo sofre en maior medida as consecuencias derivadas da idade, polo que precisan duns apoios específicos para evitar o deterioro en autonomía, relacional… Para iso traballaremos nas seguintes áreas:

  • Reforzo da autonomía nas habilidades básicas. Ofrecendo os apoios pertinentes e adaptados ás características de cada persoa na hixiene, vestido. Teremos un especial coidado en todo o relacionado coa saúde, xa que soe tamén sufrir maiores deteriores, traballando principalmente dende a prevención.
  • Apoio para o mantemento das habilidades instrumentais e organizativas. Buscando que sigan realizando tarefas de limpeza, compras, uso de tecnoloxías… apoiando na xestión da economía, horarios…
  • Apoio para o mantemento das habilidades sociais e relacionais.
  • Promover a realización de xestións no entorno e a inclusión: participación en actividades e servizos do entorno.

A financiación obtida permite ter a unha persoa contratada 7 meses, durante os cales se porán en marcha distintas actividades para manter as habilidades adquiridas e frear o deterioro cognitivo. Durante este tempo a persoa contratada traballará xunto con profesionais da entidade con ampla experiencia, e con un equipo técnico que levará a dirección do proxecto, deste xeito acadará tanto a experiencia como a formación necesaria para favorecer as súas posibilidades de inserción no futuro inmediato.

PROGRAMA DE MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS DE ASPADEX

Dentro deste programa contratamos a unha figura, que nestes últimos anos estamos vendo como moi necesaria: un técnico de mantemento. As infraestructuras, equipamento, maquinaria e vehículos coas que conta a entidade foron medrando ó longo destes anos, por outra banda, o paso do tempo tamén obriga a facer maiores reparacións e a facer un mantemento máis exhaustivo para evitar danos que repercutan de forma negativa nos servizos prestados: aulas, vehiculos cos que se desprazan os usuarios/as, posibles riscos…

O programa de mantemento levarase a cabo nas instalacións da entidade, partindo dunha detección de necesidades tanto en mantemento preventivo como correctivo. A persoa contratada contará asimesmo coa dirección e asesoramento de persoas da entidade xa formadas e con experiencia nas distintas áreas nas que esta terá que desenvolver a súa labor (mecánica, electricidade, fontanería…), deste xeito acadará unha experiencia completa e ampla que lle facilitará a inserción laboral en empresas, tanto do mesmo sector como de outros onde poden ser necesarias labores similares.

Neste casos a financiación tamén permitirá ter contratada a unha persoa durante sete meses, durante os cales levará as accións necesarias para o mantemento das distintas instalacións, así como as reparacións oportunas, co obxectivo final de mellorar a calidade dos servicios que ASPADEX presta ás persoas con discapacidade intelectual.