Subvención para servizo de podoloxía

Portada » Subvención para servizo de podoloxía

17 · Sep · 2021

A Deputación da Coruña concedeunos unha subvención de  5.033,60 € para o servizo de podoloxía.

 

Subvencion deputacion

Con esta subvención, pretendemos incorporar ós servizos que prestamos un Servizo de Podoloxía.

Vemos a necesidade de prestar este servizo debido a que os usuarios teñen patoloxías asociadas á discapacidade: diabetes… o que obliga a ter unha boa saúde dos pes para previr e evitar lesións, traballar pautas de prevención para que non aparezan durezas e calos, pautas hixiénicas e recomendacións de tipo de calzado.

Os obxectivos específicos deste servizo son:

  • Mellorar a saúde dos pes das persoas con discapacidade intelectual:
  • Previr e evitar presencia de lesións (úlceras por presión, nevus, uñas encarnadas…)
  • Reducir as durezas e calos mediante pautas de prevención.
  • Adquirir pautas hixiénicas
  • Usar o calzado máis adecuado en función das diversas patoloxías.

 

Etiquetas: