Programas de Emprego Xuvenil: «Apoiando a autonomía no fogar» e «Mantemento das instalacións de ASPADEX»

Portada » Programas de Emprego Xuvenil: «Apoiando a autonomía no fogar» e «Mantemento das instalacións de ASPADEX»

Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de concedernos unha subvención cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91.98 %, a través do Programa de Emprego Xuvenil, gracias á cal puidemos contratar estes días a dous profesionais que nos permiten mellorar a calidade dos servizos da nosa entidade: unha coidadora e un técnico de mantemento.

Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de concedernos unha subvención cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91.98 %, a través do Programa de Emprego Xuvenil, gracias á cal puidemos contratar estes días a dous profesionais que nos permiten mellorar a calidade dos servizos da nosa entidade: unha coidadora e un técnico de mantemento.

Os programas de Emprego Xuvenil cumpren con un doble obxectivo, por unha parte, ofrecen ás persoas mozas a posibilidade de acceder a un emprego, mellorando a súa empregabilidade e, por outra parte, permiten a entidades como a nosa contar con persoal cualificado para mellorar os servizos que prestamos.

ENLACE

PROGRAMA DE MELLORA DA AUTONOMÍA NO FOGAR PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

O programa subvencionado ten como obxectivo mellorar a autonomía no fogar das persoas con discapacidade intelectual traballando en catro grandes áreas:

  • Apoio/supervisión en habilidades básicas: hixiene persoal, vestido, hábitos de saúde, seguridade,…
  • Formación en habilidades instrumentais: limpeza, alimentación, uso de novas tecnoloxías, compras, coidado da roupa,…
  • Habilidades organizativas: xestión da economía, organización de horarios, mantemento do fogar,…
  • Apoio nas xestións dora do entorno: xestións administrativas, participación en actividades do entorno, asistir a servizos da comunidade, perruquería, podoloxía, actividades de ocio,…

A financiación obtida permite ter a unha persoa contratada durante 7 meses, durante os cales as persoas con discapacidade intelectual porán en marcha as habilidades necesarias para mellorar a súa autonomía tanto nas habilidades básicas como nas instrumentais. Durante este tempo a persoa contratada traballará xunto con profesionais da entidade con ampla experiencia, e con un equipo técnico que levará a dirección do proxecto, deste xeito acadará tanto a experiencia como a formación necesaria para favorecer as súas posibilidades de inserción no futuro inmediato.

PROGRAMA DE MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS DE ASPADEX

Dentro deste programa contratamos a unha figura, que nestes últimos anos estamos vendo como moi necesaria: un técnico de mantemento. As infraestructuras, equipamento, maquinaria e vehículos coas que conta a entidade foron medrando ó longo destes anos, por outra banda, o paso do tempo tamén obriga a facer maiores reparacións e a facer un mantemento máis exhaustivo para evitar danos que repercutan de forma negativa nos servizos prestados: aulas, vehiculos cos que se desprazan os usuarios/as, posibles riscos…

O programa de mantemento levarase a cabo nas instalacións da entidade, partindo dunha detección de necesidades tanto en mantemento preventivo como correctivo. A persoa contratada contará asimesmo coa dirección e asesoramento de persoas da entidade xa formadas e con experiencia nas distintas áreas nas que esta terá que desenvolver a súa labor (mecánica, electricidade, fontanería…), deste xeito acadará unha experiencia completa e ampla que lle facilitará a inserción laboral en empresas, tanto do mesmo sector como de outros onde poden ser necesarias labores similares.

Neste casos a financiación tamén permitirá ter contratada a unha persoa durante sete meses, durante os cales levará as accións necesarias para o mantemento das distintas instalacións, así como as reparacións oportunas, co obxectivo final de mellorar a calidade dos servicios que ASPADEX presta ás persoas con discapacidade intelectual.