Un ano máis a Asociación ASPADEX poderá mellorar a calidade dos servizos que presta ás persoas con discapacidade intelectual ao contar co diñeiro procedente dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Traballo e Economía Social, coa contratación de catro traballadores. Este programa desenvolverase dende decembro do 2022 a decembro do 2023.