O custo total do proxecto de podoloxía ascende a un total de 8.353.80 eu, dos cales a Deputacion da Coruña nos subvenciona 3.294.72 eu, o que supón un 39% do total do investimento.
Con esta subvención, pretendemos incorporar ós servizos que prestamos un Servizo de Podoloxía.
Vemos a necesidade de prestar este servizo debido a que os usuarios teñen patoloxías asociadas á discapacidade: diabetes… o que obliga a ter unha boa saúde dos pes para previr e evitar lesións, traballar pautas de prevención para que non aparezan durezas e calos, pautas hixiénicas e recomendacións de tipo de calzado.
Os obxectivos específicos deste servizo son:
- Mellorar a saúde dos pes das persoas con discapacidade intelectual:
- Previr e evitar presencia de lesións (úlceras por presión, nevus, uñas encarnadas…)
- Reducir as durezas e calos mediante pautas de prevención.
- Adquirir pautas hixiénicas
- Usar o calzado máis adecuado en función das diversas patoloxías.