O novo proxecto que temos en mans trata sobre coñecer mais cousas das vilas nas que vivimos. Xuntámonos na aula de atención pedagóxica os que estamos sempre e otros compañeiros da vila sobre a que ímos a traballar.
Primeiro buscamos fotos por internet e tamén información sobre os sitios mais importantes de Corcubión. A monitora Yaira e mais Ramona dixeronnos que íamos a facer unha saída para visitar a vila con un guía que se chama Xavier Paz, que viña acompañado do seu amigo Luis.
Visitamos o ántigo cárcere, a Igrexa de San Marcos, a capela do Pilar, correos antigo, o muelle e o relleno entre outras moitas cousas, xa que estivemos alí desde as 11:00 ata mais das 13:00.
A visita encantóunos. Que alguén nos explicase cousas de Corcubión sírvenos para coñecer mais cousas da nosa vila que non sabíamos ou non recordábamos os que somos de alí e os que non.
Despois da visita xuntámonos outra vez na aula para mirar si a nosa información coincidia coa que nos explicaron na visita. Ampliamos cousas que non tíñamos apuntadas porque solo as podían coñecer as personas que viviron alí durante moito tempo.
Con todo casi listo solo nos quedou repartir a información para saber do que falaría cada un na exposición e preparar un bonito mural para que non fose todo tan aburrido e ensinar mellor os lugares e monumentos.
Jorge foi o noso presentador, que lle explicou a todo o público o que ía a ver e escoitar.
Comezou Natalia falándonos da Igrexa de San Marcos, que está na praza a que lle chaman Campo da Igrexa. Solo a pudemos ver por fora, porque estaba pechada. Aínda así non era moi accesible para entrar todos, por iso non tivemos tanta pena en non poder vela por dentro.
Montse e Cristian falarónnos do Castelo do Cardeal, que é un Castelo privado que estaba unido a outro por una gran cadea para protexernos dos inimigas da guerra.
Continuou Rosana falándonos da capela do Pilar e contounos que antes era unha casa de axuda para anciáns, pero que agora úsase como sitio de reunións ou exposicións importantes para o concello. Tamén nos dixo que alí está enterrada a propia Pilar.
Despoís Charo e Junquera tocoulles falar do mercado medieval, no que temos moitos postos de comida, xoias, artesanía ou xabóns para poder mercar. A xente vai vestida de época e fanse actuación e espectáculos. Hai xente con serpes, aves rapaces, dragóns, un minotauro… milleiros de cousas para desfrutar dos días que dura.
Xa con Bea deixamos as festas e seguimos falando dos sitios importantes. Esta vez do museo da pesca. Este sitio antes foi unha fábrica de carbón, unha de salazón de peixe e outra de conservas. Agora dentro do museo podemos ver restos de madeiras de barcos.
Luis falounos do relleno, que é un sitio que temos para poder sentarnos a desfrutar das vistas ou charlar cos amigos e xente que se reúne ahí. Unha curiosidade sobre o sitio é que as baldosas co as que está decorado viñeron desde Andalucía. Luis tamén nos contou que cando era pequeño un pouco mais adiante do paseo facía moitas travesuras cos papeles que había tirados por alí que traían en tractores.
Por último Leo falounos da Praia de Quenxe, xa que ela pasea por ela moito cos seus cans. A praia é pequeniña, pero moi bonita. Ten duchas, un paseo o lado e un montón de rampas que a fan accesible.
Tamén vimos un montón de fotos da saída e preguntámoslle os compañeiros se tiñan algunha dúbida sobre todo o que lle contamos.
Cerramos a exposición contando que aparte de todos estos monumentos e sitios de interese tamén hai moitos outros como o xulgado, o cuartel, a capitanía, a seguridade social, a casa da cultura ou a agraria.
Jorge, como presentador que era, cerrou a exposición dándolle as grazas a todos por acompañarnos.
O día seguinte, reunímonos todos de novo para falar sobre como nos fora, se nos gustou e tamén para poder facer este resumo.
LECTURA FÁCIL
O novo traballo que temos en mans trata sobre coñecer mais cousas das vilas nas que vivimos.
Reunímonos na aula de atención pedagóxica os que estamos sempre e compañeiros da vila da que imos a traballar.
O que facemos e buscar fotos e información en internet sobre os sitios mais importantes de Corcubión.
As monitoras Ramona e Yaira fixeron unha saída con nos para visitar a vila. Tamén veu un guía que se chama Xavier Paz.
Fomos a ver o antiguo cárcere, a Igrexa de San Marcos, a Capela do Pilar e moitos sitios mais.
Estivemos alí desde as 11 ata a 1 do mediodía.
A visita encantóunos. É moi interesante que alguén nos explique cales son as cousas mais importantes da nosa vila.
Despois reunimonos para ver si a información que nos buscamos era a mesma que nos dixo o guía.
Repartimos o que iba a falar cada un e fixemos un mural para que se entendera mellor.
Jorge foi o que presentou.
Natalia falou da Igreza de San Marcos, que é o patrón de Corcubión.
Montse e Cristian falaron do Castelo que teñen cerca do mar.
Rosana contounos que a capela do Pilar antes era como un asilo.
Charo e Junquera falaron da festa medieval que se fai en agosto.
Bea dixonos que no museo da pesca podemos ver restos de madeira de barcos.
Luis falou do sitio que mais lle gusta que se chama O Relleno. Alí pode ir a falar cos seus amigos é pasar a tarde.
Para acabar Leo contounos como é a praia de Quenxe. Ela vai a pasear alí cos seus cans.
Tamén falamos de que hai moitos sitios importantes como o xulgado ou o cuartel da garda civil.
Para acabar a exposición vimos fotos da saída.