Este texto a seguir foi elaborado polos seguintes usuarios do centro ASPADEX para que vexamos todo o que fixeron durante a festa de San Adrían. Natalia Lado, Jorge Vieites, Beatriz Facal, Charo López y Adrián Pérez.
FESTA DE SAN HADRÍAN
Este ano a festa de San Hadrían tivemos que celebrala un pouco mais tarde porque o tempo non acompañou. Pero eso non nos quitou as ganas de celebrar por todo o alto. O exterior do centro decorouse con diferentes cenefas e tamén nos puxeron un gran palco para poder actuar. Entre todos os talleres fixemos diferentes cousas que a continuación vos contamos e ensinamos.
ELABORACIÓN DE GALLETAS DE SAN ADRÍAN
“Preparamos unhas galletas no comedor de Centro de Toba entre varios compañeiros. A nosa mestra foi Raquel. Aquí tedes a entrevista que lle fixemos a un reposteiro implicado”
- Qué tipo de galletas elaboramos?
- Preparamos CAMPURRIANAS DE CHOCOLATE E BIZCOCHIÑOS HOXALDRADOS.
- Qué ingredientes levaban as nosas galletas?
- 2 ovos, azúcar, 1 vaso de aceite, 1 sobre de levadura, 1 bol de fariña e 2 cucharadas de colacao.
- Cal foi o proceso de elaboración?
- Metemos nun bol grande os ovos para bater, engadimos o azúcar e batemos cun tenedor. Puxemos o aceite e batemos. Agregamos a fariña e seguimos batendo e por último, botamos o colacao e emasamos todo. Coa masa fixemos boliñas e despois puxémolas no forno 12 minutos a 180º.
RECETA LINK: receta galletas chocolate
ENTREVISTA AO CREADOR DOS GALOS DE SAN ADRIAN
Realizámoslle unha entrevista a Suso, o monitor que foi o creador dos galos de San Hadrían.
- Cómo se che ocorreu a idea de facer os galos?
- O dos galos xa é unha tradición, debe ser o terceiro ano que o facemos. Solemos facelos con pasta cerámica, pasta blanca de modelar.
- ¿Cómo se che ocorreu un diseño tan bonito?
- Algo que fose bonito e que puidese facer rápido. Buscamos por internet e entre a compañeira Almudena e eu escollemos os colores.
- Que fixeches para pintalo tan ben?
- Cun pincelpequeño e pintura acrílica e as zonas máis pequeñas, cun palillo mollado en pintura.
- Por qué os premios son galos?
- En San Adrían hai unha tradiciónmoi antiga, non sabemos de onde ven… É unha subasta ou poxa de galos de verdade. Non sabemos se a xente os donaba e normalmente o día da festa de San Adrían antes da misa, facíanse as subastas. Debían se uns galos moi especiais, tipo os de Vilalba pois a xente acudía para conseguilos.
- Grazas Suso por atendernos. Un saúdo.
- Grazas a vósi
Entrevistamos a un dos vencedores dos sorteos dos galos. A continuación mostramos un video onde eu, Bea Facal, Entrevisto a Jorge, terceiro ganador
DESENVOLVIMENTO DA FESTA
” Pola mañán houbo un desfile/pasarrúas no que iban algún dos compañeiros como Isi, Critóbal e Iván tocando a gaita, o tambor e as cunchas. o desfile estivo acompañado por Ron, o enormísimo can da monitora Susana e tamén dun extraño dinosaurio (ainda hoxe non sabemos qué monitor ou usuario se escondía dentro”.
Durante a hora da comida disfrutamos dun postre diferente, unha tara de queixo, á que acompañamos con tortilla, empanada e variedade de refrescos.
Xa pola tarde comezou a festa. Fomos todos para o xardín onde nos montaran un palco espectacular e decoraron todo con cenefas de galos de cores.
Adrián, o noso compañeiro máis atrevido, presentou a gala e comezou dando paso ás primeiras actuacións. Moitos compañeiros cantaron diferentes canción como “los ojos negros”, que interpretou Natalia, “Eres tú” de Mocedades, interpretada por Bea Facal ou “Pega la vuelta” de Pimpinela, cantada por Moisés. Incluso algúns se atreveron a cantar en inglés “My heart Will go on” de Titanic.
Entre actuación e actuación realizáronse os sorteos dos galos feitos por Suso. Repartíronse as rifas e a encargada dos números foi Charo, que subía ao escenario acompañada dun compañeiro que fixese de man inocente para sacar o número. Os gañadores foron: Ana Belén Blanco, Merche de cociña e Jorge Vieites, quenes levaron moi contentos os galos para casa.
Cando acabamos de ver as actuación bailamos coa música que poñía Alejrando “Dj Cori”. Descansamos e tomamos refrescos e galletas¡¡¡ Todos o pasamos moi ben.
Para o ano maís e mellor¡¡