A Deputación financia un ano máis o programa de respiro da Asociación ASPADEX

Portada » A Deputación financia un ano máis o programa de respiro da Asociación ASPADEX

21 · Dic · 2017

A Deputación da Coruña financia un ano máis o programa de respiro da Asociación ASPADEX, subvencionado unha parte do profesional (Técnico en Integración Social) necesario para levar a cabo as distintas actividades asociadas ó programa.

Este programa leva xa varios anos prestándose na entidade, motivado pola necesidade das familias das persoas con discapacidade intelectual de contar con un servizo adaptado ás características dos seus fillos/as, cando estas se atopan ante determinadas situación (enfermidade, sobrecarga…).

O Programa de Apoio ó Servizo de Respiro pretende acadar un doble obxectivo: por unha parte, dar resposta a aquelas familias de persoas con discapacidade intelectual que solicitan o servizo de respiro durante o día por distintas causas, e por outra atender con un servizo de calidade a aquelas persoas con discapacidade que teñen que facer uso dese servizo.

Subvencion deputacion

As actividades deste programa están encamiñadas a cumprir os obxectivos anteriores:

  • Entrevistas e valoración de casos coas familias
  • Intervención coa familia e asesoramento
  • Actividades de ocio grupais e individuais (saídas, xogos de mesa, contacontos,…)
  • Talleres de toma de decisións, xogos de equipo, charlas, actividades de modelado de conduta
  • Saídas polo concello e lugares da comarca, paseos, sendeirismo (adaptado…)
  • Participación en actividades culturais e de ocio promovidas polos distintos concellos, asociacións,…

Unha vez realizadas as distintas actividades esperamos que tanto as familias como as persoas con discapacidade intelecutal estén satisfeitas, que soliciten o servizo en distintas ocasións, que participen o maior  número de usuarios posible. As actividades son novedosas e moi centradas no entorno, fomentando a inclusión social.

Etiquetas: