A Deputación da Coruña concedeunos unha subvención de 6.790,50 € para a adquisición de maquinaria para o Centro Especial de Emprego de Xardinería.
O CEE ASPADEX sin ánimo de lucro naceu no ano 2012 con fin de crear emprego estable e remunerado para persoas con Discapacidade Intelectual, co inicio do CEE Aspadex da un un máis no proceso de formación, capacitación e promoción social e laboral así como na normalización a través a integración social e laboral das persoas con discapacidade intelectual.
Na actualidade o CEE da traballo a 5 Persoas con discapacidade intelectual 3 de elas na actividade de xardineria, 1 profesional de apoio e ¼ da xornada dun profesional para o axuste persoal e social dos traballadores. As actividades do CEE son as de xardineria, kiosco e máquinas vending e prestación de servizos de conserxeria.
Dentro das actividades de xardinería que se leva a cabo están:
– Deseño e creación de xardins
– Plantación de céspede
– Mantemento e corte de céspede
– Poda de árboles
– Plantación de árboles e plantas
– Desbroce e retirada dos restos nas zonas verdes.
– Rastrillado e Escarificado
– Sistemas de rego
– Mantemento e limpeza de piscinas…..
A actividade de Xardíneria prestase a distintos xardins dos concellos e clientes particulares e require o uso de maquinaria varia para a que se solicita a subvención .
Este investimento no CEE da actividade de Xardíneria, a cal inclue cortar o cespede, facer zanxas de rego, colocación de tubería, poda de árboles e arbustos e na creación de xardins (manexo de motocultor, rastrillar recoller restos, carretilla, rulo, plantar) actividades que requiren o uso de maquinaria ( desbrozadoras, picadoras, cortasetos, sopladores, cortacéspedes, carretillas……).
A actividade de xardineria leva en funcionamento dende o ano 2012 e a maquinaria precisaba dunha reposición debido non sólo o uso continuo senon tamén a que as persoas que manexan as máquinas (persoas con discapacidade intelectual) nalgunas ocasión facían un mal uso das mesmas polo que as máquinas estaban moi deterioradas e averiabanse con moita frecuencia o que nos levaba a gastos continuos en reparación e non ter máquinas para sustituir cando estaban no taller, non podendo dar un bo servizo os nosos clientes. Sumamos a esto que debido a pandemia a actividade baixou en ingresos non podendo afrontar o CEE os custes de inversión.
Ca reposición de máquinas melloramos a calidade do servizo de xardineria para os nosos clientes, así como a calidade de vida dos traballadores con discapacidade intelectual do CEE .