Subvención da deputación para repoñer ventás e portas na vivenda-residencia ASPADEX

Portada » Subvención da deputación para repoñer ventás e portas na vivenda-residencia ASPADEX

16 · Sep · 2020

A Deputación da Coruña, colabora un ano máis coa Asociación ASPADEX, nesta ocasión dentro da súa convocatoria FOIE: programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2020, que permite á entidade repoñer as ventás e porta da vivenda-residencia.

A subvención da Deputación da Coruña  ascendiu a 23.047,50 €, sendo o orzamento total de 41.157,22 €.

Subvencion deputacion

A vivenda-residencia construiuse no ano 1998-1999, polo que tanto as portas como as ventás teñen máis de 20 anos, e debido ó uso cotiá e á humidade do entorno, sufriron deterioros. Ademáis das deficiencias a nivel estético (humidades, partes rotas…), tamén amosan problemas de aislamento, polo que son menos eficientes enerxéticamente, o que supón un maior gasto.

Esta subvención da Deputación da Coruña permite polo tanto mellorar o servizo que se presta ás persoas con discapacidade intelectual usuarias, mellorando así a súa calidade de vida, ó repoñer as ventás e portas deterioradas.

 

 

Etiquetas: