A Deputación da Coruña concedeunos unha subvención de 3.194,88 € para o servizo de podoloxía.
Con esta subvención, pretendemos dar continuidade ó servizo de tratamento de podoloxía que ven prestando dende ó ano pasado nos Centros de Día Ocupacional e Centro de Día Asistencial.
O Servizo continuaría realizandose mensualmente a cada un dos 80 usuarios/as da entidade, que incluiría: corte e fresado de uñas,deslaminado hiperqueratosis (durezas), enucleado de helomas(callos), curas, recomendacións e pautas hixienicas.
Vemos a necesidade de seguir prestando este servizo debido a que os usuarios teñen patoloxías asociadas á discapacidade: diabetes….o que obriga a ter unha boa saúde dos pes para previr e evitar lesión, traballar pautas de prevención para que non aparezcan durezas e calos,pautas hixiénicas e recomendación de tipo de calzado.
Os obxectivos específicos deste servizo son:
- Mellorar a saúde dos pes das persoas con discapacidade intelectual:
- Previr e evitar presencia de lesións (úlceras por presión, nevus, uñas encarnadas…)
- Reducir as durezas e calos mediante pautas de prevención.
- Adquirir pautas hixiénicas
- Usar o calzado máis adecuado en función das diversas patoloxías.